Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.235

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA

ASEMBLEA constituínte do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

A Comisión Xestora do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, segundo o estipulado pola Lei 1/2001, convoca os/as educadores/as sociais colexiados/as na dita entidade á realización da asemblea constituínte o día 24 de maio de 2003, no Palacio de Congresos de Galicia (Santiago de Compostela), ás 9 da mañá en primeira convocatoria.

As funcións encomendadas á asemblea constituínte pola Lei 1/2001, de creación do colexio de educadores sociais de Galicia, son:

-Aproba-la xestión da comisión xestora.

-Aproba-los estatutos definitivos do colexio.

-Elixi-los membros dos órganos colexiais.

Segundo os estatutos provisionais do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, no seu artigo X, poderán participar na asemblea todos/as aqueles/as colexiados/as que obteñan esa condición ata sete días despois da publicación desta convocatoria no DOG e que se atopen ó corrente dos pagamentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Alberto Fernández de Sanmamed Santos

Presidente do Colexio de Educadores Sociais

de Galicia