Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisen ocupar para execución dos polígonos número 2 e número 3 do parque empresarial de Ribadavia, provincia de Ourense. (Expediente 33/2003).

Vista a documentación que figura no expediente nº 33/2003, remitido polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, de acordo cos seguintes:

I. Antecedentes.

1º O Instituto Galego da Vivenda e Solo remitiu o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisen ocupar para execución dos polígonos nº 2 e nº 3 do parque empresarial de Ribadavia.

2º O Instituto Galego da Vivenda e Solo o 29 de outubro de 2002 acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa mediante o proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándoo no diario La Región do 9 de novembro de 2002 e no DOG do 11 de novembro de 2002.

3º As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecen como titulares dos bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 143.4º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

4º O Instituto Galego da Vivenda e Solo, emite certificado no sentido de que se presentaron alegacións polos interesados no expediente.

II. Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 143 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Segundo.-O proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta ten por obxecto executa-los polígonos nº 2 e nº 3 do parque empresarial de Ribadavia.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre rexime do solo e valoracións, e os artigos 140, en relación co artigo 143, e artigo 144 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG):

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa coalificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre rexime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 9 da Orde do 6 de marzo de 2003 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, (DOG do 12 de marzo de 2003), pola que se delegan competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Na súa virtude, vista a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisen ocupar para a execución dos polígonos nº 2 e nº 3 do parque empresarial de Ribadavia, para os efectos previstos polos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co establecido no artigo 143 e 144 da Lei 9/2002.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 144.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, e de xeito individualizado a tódolos

que aparezan como titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ós que se lles xuntarán a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o que poderán manifestar por escrito ante esta dirección xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo artigo 143.7º da Lei 9/2002, de 30 de decembro, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule opo

sición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 143.8º da Lei 9/2002, do 30 de decembro).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Relación de propietarios afectados pola expropiación do polígono de actuación nº 2 e nº 3 do

parque empresarial de Ribadavia

Nº predioTitularesDatos do predio

Apelidos e nome/Domicilio/Lugar de residenciaNatureza do predioSup. que se vai

expropiar (m)

Outros bens

indemnizables

Prezo xusto

126DescoñecidoRústico4883.217,87 A

133Regueiro González, Hortensia/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico4593.026,65 A

142Fernández Deaño, Joaquín/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico1.523985 cepas15.843,70 A

143Herdeiros de Francisco Rivera Sindín/Rúa Álvaro Cunqueiro nº 29/36211 Vigo-PORústico4593.026,65 A

144Rivas Guintín, Julio e Rivas Guntín, Emilio/Carnicería en San Cristovo/32416/RibadaviaRústico6124.035,53 A

146Pérez Fernández, Daniel/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico8905.868,66 A

148Feijóo González, Manuela/Rúa Conde Torrecedeira nº 38/36202 Vigo-PORústico2331.536,40 A

151Regueiro Gómez, Manuel/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico295200 cepas3.092,54 A

152Regueiro Gómez, Manuel/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico813500 cepas8.622,02 A

157DescoñecidoRústico2431.602,34 A

158García Pérez, Josefa e Rodríguez Meiriño, Luis/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico4412.907,95 A

160Vázquez Rodríguez, José/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico3292.169,43 A

165DescoñecidoRústico3202.110,08 A

170Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos/Rúa Progreso nº 58 Baixo/36880 A Cañiza/PontevedraRústico1.3249.151,16 A

172Rodríguez Vázquez, Isabel/Rúa Corvo nº 6 2º B/Vigo-PORústico9501/2 pozos6.474,66 A

176Herdeiros de Camilo Carareiro Alejos/Rúa Progreso nº 58 Baixo/36880 A Cañiza/PontevedraRústico3702.439,78 A

177Rodríguez Terzano, Amelia/Maquiás/RibadaviaRústico4132.723,32 A

178Fernández Rivera, Isaura e irmás/Rúa Moreira nº 4 San Cristovo 32416 RibadaviaRústico1.1568.509,13 A

180Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos/Rúa Progreso nº 58 Baixo/36880 A Cañiza-PontevedraRústico7124.694,93 A

182-APérez Fernández, Daniel/Fábrica de madeiras San Cristovo/RibadaviaRústico98646,21 A

183-AFernández Abraldes, Santiago/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico1901.252,86 A

188Pérez Fernández, Daniel/Fábrica de madeiras San Cristovo/RibadaviaRústico49940 postes

332 cepas

5.050,33 A

188-AFernández Abraldes, Santiago/San Cristovo/RibadaviaRústico2401.582,56 A

192Herdeiros de Camilo Carreiro Alejos/Rúa Progreso nº 58 Baixo/36880 A Cañiza-PontevedraRústico3252.568,13 A

194-AVázquez Acuña, Sixto e irmás/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico1751.153,95 A

196Rivera Sindín, Petronina/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico1.3071 pozo

30 poste

535 cepas

11.770,07 A

197Cesaria Pérez Vázquez/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico5003.297 A

201Fernández Abraldes, Santiago/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico1.098100 postes

1/3 de pozo

225 cepas

9.248,39 A

203-APérez Vázquez, Teresa e irmá/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico135890,19 A

204Pérez Vázquez, Teresa e irmá/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico3462.281,52 A

211Pérez Fernández, Violeta/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico5104.599,16 A

219Amil Mosquera, Amelia/32416 SanCristovo/RibadaviaRústico6321/2 pozo

400 cepas

6.551,40 A

220Iglesias Blanco, Perfectino/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico6106.782,67 A

239González Fernández, José Benito/rúa O Carballiño nº 16/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico4783.151,93 A

241-BGarcía Gómez, Francisco Javier e irmás/rúa Vigo nº 11/32001OurenseRústico3782.492,53 A

246DescoñecidoRústico5453.593,73 A

249González Fernández, José Benito/Rúa O Carballiño nº 16/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico3512.314,49 A

254González Fernández, Argentino/32416 San Cristovo/RibadaviaRústico5233.448,66 A

900DescoñecidoRústico3202.110,08 A

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto, de conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo esto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 143.7º da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo