Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/63).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. Camoucelo-Boebre.

Situación: Pontedeume.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 9 m de lonxitude, coa orixe en apoio existente en tramo de liña entre C.T. Boebre-Parga e derivación a C.T. Curio, con final no C.T. Camoucelo-Boebre, que se vai instalar.

Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Camoucelo-Boebre. Concello de Pontedeume.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña