Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/74-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. nº 3 urbanización Cambeses.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 755 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ramón Nieto 313, alimentando en bucle os CC.TT. nº 1, nº 2 e nº 3, e remate na liña S.D.M. 7.06, á altura do C.T. Ramón Nieto. C.T. nº 3, de 400 kVA, R/T 15 kV-380/220 V, na urbanización Cambeses, avda. Ramón Nieto, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra