Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 11 de marzo de 2003, en virtude da delegación da alcaldía (Resolución do 7 de xullo de 1999), aprobou inicialmente o estudio de detalle de aliñacións, rasantes e edificabilidade dun soar sita na rúa da Calzada, Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, expónse ó público polo prazo dun mes a contaren desde o seguinte a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante o mesmo poida ser examinado polos interesados, e presentaren no seu caso as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes.

Lalín, 20 de marzo de 2003.

O alcalde-presidente

Rubricado