Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello de Lalín, na sesión ordinaria da Comisión de Goberno con data 11 de marzo de 2003 e por delegación da Alcaldía efectuada por Resolución de agosto de 1999, acordou en relación co proxecto de urbanización da vía SG-V3 e glorietas pertencentes ós sistemas SG-V2 e SG-V4 de conexión coa C-533 e coa rúa do Rodo de Lalín:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do proxecto de urbanización da vía SG-V3 e glorietas pertencentes ós sistemas SG-V2 e SG-V4 de conexión coa C-533 e coa rúa do Rodo de Lalín, por instancia do concello, con data outubro de 2002 e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Eloy Fernández-Valdés Martínez Estéllez.

Segundo.-Prosegui-la tramitación do dito expediente.

Contra este acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data. Este recurso entenderase desestimado no caso de non se resolver no prazo dun mes.

Lalín, 13 de marzo de 2003.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente