Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-16/02).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 11 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes no lugar de Palavea A Vella, promovido por Epamar de Xestión, S.L.

Segundo.-Notificar este acordo ó promotor do documento.

Terceiro.-Someter a información pública, polo prazo de vinte días, o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante

o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 12 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán satisfeitos polo promotor do proxecto.

A Coruña, 21 de marzo de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo