Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

A Comisión Informativa de Educación, Cultura, Xuventude e Deportes, constituída como xurado do I Premio Xornalístico Máximo Sar, en sesión realizada o día 14 de marzo de 2003, acordou por unanimidade dos seus membros, adxudica-los premios do seguinte xeito:

Primeiro premio dotado de 600 euros, a Néstor Fabián Ferreiro Caldas polo traballo número 4 consistente na páxina web Caldas de Reis en Internet.

Segundo premio dotado de 300 euros, a Francisco R. García Fernández, polo traballo número 1 Los 50 veranos con don Gerundio y con doña Berenguela.

Caldas de Reis, 18 de marzo de 2003.

O alcalde

Rubricado