Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de obras que se citan.

En cumprimento do previsto no artigo 93 da Lei 13/1995 (R.D.L. 2/2002, do 16 de xuño, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria,

por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade ás adxudicacións que se identifican a continuación:

-Redacción do proxecto básico e de execución da obra de reposición do CEIP Hermanos Villar de Ourense.

Adxudicatario: Encinas&Pereiro, S.L. UTE Ricardo Salgado Salgado.

Orzamento: 43.500 euros.

-Obras de urbanización e obras varias no IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Adxudicatario: Cando, S.L.

Orzamento: 163.484,54 euros.

-Obras de ampliación do IES Terra de Turonio de Gondomar (Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 305.100,63 euros.

-Obras de ampliación do Conservatorio Superior de Música de Vigo (Pontevedra).

Adxudicatario: Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A. (DICSA).

Orzamento: 390.900 euros.

-Obras de construcción do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra.

Adxudicatario: Industrias del Deza, S.L. (Indeza).

Orzamento: 2.313.420,99 euros.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L. 2/2002, do 16 de xuño).

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria