Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se lle dá publicidade do resultado da adxudicación que se cita.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 02-01-TUI.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: construcción dun centro interfederado de remo e piragüismo en Tenencia (Tui-Pontevedra).

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 229, do 27 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: oitocentos noventa e catro mil trinta e seis euros con setenta e seis céntimos (894.036,76 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de marzo de 2003.

b) Contratista: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oitocentos setenta e catro mil setecentos vintecinco (874.725) euros.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda