Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 74/2003, interposto por José María Manteiga Álvarez e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado número 74/2003, formulada por José M. Manteiga Álvarez, José Luis Suárez Gara

bato, Jesús Prado Ferreiro, Juan Santiso Santos, Miguel A. Liste Otero, Mª del Carmen Palla Vidal, Juan Fermín Insua Bello, Javier Vidal Miguélez, Antonio Díaz Otero, Juan A. Ruíz Blanco, Yolanda Rodríguez Rúa, Aníbal Peña Peña, Víctor M. Pedra Ledo, Manuel Zabal González, Boris Martínez Soutelo, Mª Rosa Martín Muñoza, Manuel Meiriño Feijoo, Constantino Gómez Márquez, Francisco J. Fernández Alonso, Arístedes Ávila Fernández, Miguel A. Moure Lorenzo, Juan José Opazo Marra, César Touza García, Pablo Taboada Rodríguez, Mónica Rojas Lozano, Juan Carlos Arias López, Víctor M. Sotelino Álvarez, Xoel Seara Fernández, José Juan Ulloa González, Fausto Manuel González Salgado, Roberto Morales Carnero, José Miguel Martínez Campos, Miguel A. Mera da Silva, Adrián Hervella Fernández e Sonia Cuquejo Garrido, contra a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 26 de decembro de 2002, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso ás categorías

correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 2, do 3-1-2003).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública