A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/000057/2003 interposto pola Confederación Intersindical Galega, contra as ordes da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 26 de decembro de 2002, polas que se convocan procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 2, do 3-1-2003).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se
emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública