Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.033

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo, con nº de código 3600302, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 13-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 1-2-2003. De conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión celebrada polas partes, social e económica, da empresa Club de Campo de Vigo sobre a revisión da táboa salarial actualizada do convenio colectivo do ano 2002.

Ás dezaseis horas do día un de febreiro do ano dous mil tres, reúnense pola parte económica: Manuel Sanjurjo Blein e José Mª Criado del Rey Trems e pola parte social: Raimundo Mera Pazos e Fernando Barciela Conde na sala de xuntas do edificio social da empresa.

Reúnense ámbalas partes para proceder á actualización da revisión salarial do ano 2002, segundo o aprobado no convenio colectivo desta empresa, subscrito en data 10 de maio de 1999, así como os acordos subscritos tamén por ámbalas partes, os días 18 de febreiro de 2000, 1 de febreiro de 2001 e 1 de febreiro de 2002.

Como resultado da dita revisión, acórdase o seguinte:

1º A táboa salarial para o ano 2002. queda actualizada cun incremento do 2% sobre a do ano 2001, como resultado de aplica-lo 2% que o IPC real do ano 2002 tivo con respecto ó 2% do IPC previsto polo Goberno para o dito ano.

2º O complemento de asistencia para o ano 2002 para a ser 1,75 A e o de locomoción 3,28 A, como consecuencia da aplicación da porcentaxe de revisión detallada no número anterior.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a reunión.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo, revisada conforme

o artigo 1 do acordo de data 1-2-2003

Ano 2002

CategoríasSalario brutoGrat. vol. abs.

Persoal administrativo
Xerente1.782,15 A-
Oficial 1ª835,16 A97,61 A
Oficial 2ª692,94 A-
Auxiliar administrativo534,80 A-
Aspirante advo. (17 anos)S.M.I.-
Aspirante advo. (16 anos)S.M.I.-

Persoal subalterno
Conserxe636,70 A83,31 A
Axudante de conserxe628,42 A-
Porteiro530,86 A-
Botóns (17 anos)S.M.I.-
Botóns (16 anos)S.M.I.-
Coidador de pistas628,42 A-

Persoal obreiro
Xardineiro676,13 A-
Vixilante nocturno628,42 A-
Especialista628,42 A-
Peón575,17 A-
Encargado limpeza593,00 A264,27 A
Limpador593,00 A-

Persoal bar-restaurante
Encargado1.251,67 A142,06 A
Subencargado897,77 A142,06 A
Camareiro628,42 A-
Axudante camareiro530,86 A-
Aprendiz camareiro (17 anos)S.M.I.-
Aprendiz camareiro (16 anos)S.M.I.-
Xefe de cociña986,97 A-
Cociñeiro760,36 A-
Axudante de cociña593,00 A-
Pinche de cociña593,00 A-
Pinche de cociña (17 anos)S.M.I.-
Pinche de cociña (16 anos)S.M.I.-

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA