Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.031

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (Nigrán).

Vista a acta da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2003 do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (Nigrán), con nº de código 3602601, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais o día 14-2-2003, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte

social, polo delegado de persoal, con data 31-1-2003. De conformidade co disposto no artigo 44.2º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Delegado de persoal: Roberto Pérez Costas.

Empresa:

Guillermo de Cal Alonso

Miguel Ángel Guerra Martín

Guillermo Davila Davila

En Nigrán, ás 13 horas do día 31 de xaneiro de 2003, nas dependencias da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., situadas na rúa Rosalía de Castro, reúnense as persoas relacionadas, como delegado de persoal e a representación da empresa adxudicataria do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria de Nigrán, coa seguinte orde do día:

Primeiro: aprobación das táboas salariais para o ano 2003.

Segundo: calendario laboral para o ano 2003.

Terceiro: revisión de artigos con contido económico.

Primeiro: apróbanse as táboas salariais para o ano 2003, que incrementaron as do ano 2002 no 5% en aplicación do previsto no artigo 44.2º do convenio. Xúntase a esta acta como anexo I.

Segundo: apróbase o calendario laboral para o ano 2003, que figura adxunto a esta acta como anexo II.

Terceiro: modifícanse, no seu contido económico, os artigos do convenio que a seguir se relacionan:

-Art. 29, axuda familiar: 35,22 euros.

-Art. 30, póliza accidentes a): 12.662 euros.

-Art. 30, póliza accidentes b): 12.662 euros.

-Art. 36, créditos persoais: 6.544 euros.

-Art. 37, axudas de custos (completa): 39,13 euros.

-Art. 37, axudas de custos (media): 19,57 euros.

Acórdase, así mesmo, dirixirse á autoridade laboral para efectos de rexistro e publicación dos acordos acadados.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión, sendo as 17 horas e 30 minutos.

ANEXO I

(Táboa salarial-2003)

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

R.B.U. e L. Viaria de Nigrán

Incremento 2003: 5%.

IPC real 2002: 4%.

CategoríaS. baseTóxicoNocturnoActividadeTransporteProductividadePagas

Ver./Nav.

Beneficios

Encargado30,816,167,718,632,455,18924,30462,15

Conductor día19,693,941,652,454,95590,70295,35

Conductor noite19,693,944,921,652,454,95590,70295,35

Oficial 1ª mecánico19,693,941,652,454,95590,70295,35

Peón día18,693,741,182,454,95560,70280,35

Peón noite18,693,744,671,182,454,95560,70280,35

Prezo festivo33,66

Persoal administrativo

(retribución mensual):

Auxiliar administración

560,60

25,69

61,44

560,60

280,30

ANEXO II

Servicio de R.B.U. e limpeza viaria de Nigrán.

Cadro horario para o ano 2003 da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

1. Servicio de R.B.U.

a) 16 de setembro a 15 de xuño:

-Luns a sábado:

Noite de 23 a 6 horas.

Mañá de 7 a 14 horas.

b) 16 de xuño a 15 de setembro:

-Diario:

Noite de 23 a 6 horas.

Mañá de 7 a 14 horas.

2.-Servicio de limpeza viaria.

a) 16 de setembro a 15 de xuño:

-Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

b) 16 de xuño a 15 de setembro:

-Diario:

Mañá de 7 a 14 horas.

3. Servicio de talleres.

a) 16 de setembro a 15 de xuño:

-Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

b) 16 de xuño a 15 de setembro:

-Diario:

Mañá de 7 a 14 horas.

4. Servicio de oficinas.

a) 16 de setembro a 15 de xuño:

-Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

b) 16 de xuño a 15 de setembro:

-Luns a sábado:

Mañá de 7 a 14 horas.

5. Festivos locais.

Día 24 de xuño.

Día 1 de agosto.

6. Festivos s/artº 19 conv.

Día 3 de novembro.