Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de marzo de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP, e de cursos dirixidos a ocupados, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2003.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 63, do luns 31 de marzo de 2003, cómpre proceder á súa corrección:

Na páxina 3.942, no punto 2 do artigo 4º, alínea b), onde di: «O importe dos módulos que se aplicarán a cada curso recóllese no anexo III desta orde».

Debe dicir: «O importe dos módulos que se aplicarán a cada curso recóllese no anexo IV desta orde».

Na páxina 3.943, onde di: -«Os gastos de desprazamento dos beneficiarios da formación» (...).

Debe dicir: «Os gastos de desprazamento do persoal docente e dos beneficiarios da formación (...).

Na páxina 3.945, onde di: (...) «agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización, segundo o anexo V» (...).

Debe dicir: (...) «agás que o beneficiario xunte á solicitude a debida autorización, segundo o anexo III» (...).

Na páxina 3.949, onde di: «Os programas e subprogramas achegaranse ó sinalado no artigo 2º desta orde (...).

Debe dicir: «Os programas e subprogramas axustaranse ó sinalado no artigo 2º desta orde (...).

A continuación do anexo III, deberá incluírse o seguinte anexo:

ANEXO IV

Subvencións de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional, na modalidade presencial.

Os módulos de subvención para a modalidade de formación presencial, segundo as definicións de niveis e graos de dificultade de cada curso, expresados en A/hora alumno, son:

Módulo A:

NiveisGraos de dificultade

BaixoNormalAlto

Básico0,881,151,44

Medio1,151,571,99

Superior1,712,272,84

Alto2,272,843,39

Na aplicación das contías do módulo A, terase presente que a subvención máxima para gastos de profesorado será a considerada para 15 alumnos. Estas contías inclúen a cota empresarial de Seguridade Social.

Módulo B:

A cuantificación económica deste módulo concrétase nos 12 parámetros que se relacionan a continuación:

ParámetroA

1Baixo-baixoBB0,72

2Baixo-medioBM0,98

3Baixo-altoBA1,11

4Normal-baixoNB1,29

5Normal-medioNM1,45

6Normal-altoNA1,61

7Superior-baixoSB1,68

8Superior-medioSM1,91

9Superior-altoSA2,05

10Alto-baixoAB2,20

11Alto-medioAM2,34

12Alto-altoAA2,49

A asignación dos módulos ás especialidades, tanto no módulo A como no módulo B, será efectuada polo Instituto Nacional de Emprego.

O importe dos módulos A e B poderá incrementarse nun 20% para aquelas especialidades que estean cualificadas como «experimentais», no ficheiro de especialidades formativas do Instituto Nacional de Emprego, e se determinen especificamente.