Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica consistente na realización do proxecto técnico das obras de saneamento da conca do río Aríns.

Tipo de licitación: 211.955,79 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: os traballos realizaranse no prazo de 9 meses contados desde a sinatura do contrato.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Tlfno.: 981 59 33 85.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 4.239,12 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 h, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde