Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 50, do 13 de marzo de 2003, publicouse a convocatoria e texto íntegro das bases para cubri-las seguintes prazas incluídas na oferta de emprego do Concello de Porto do Son de 2002:

-Provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, de tres prazas da escala de Administración xeral, subescala subalterna, denominada conserxe de colexio.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do correspondente anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos da casa do concello.

Porto do Son, 17 de marzo de 2003.

O alcalde

Rubricado