Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Mediante Decreto con data do 13 de marzo de 2003, a Alcaldía-Presidencia aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 4, avenida Rosalía de Castro, Vilameán, Nigrán, das normas subsidiarias de planeamento municipal, redactado polo arquitecto Javier Martínez Díez.

Faise pública a referida aprobación, en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento, con indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra este cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante a Alcaldía, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Adminis

trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso.

Nigrán, 18 de marzo de 2003.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde