Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno na súa sesión ordinaria do 8 de abril de 2003 acordou emitir informe favorable sobre o expediente do estudio de impacto ambiental para a construcción dun circuíto de motocrós no monte Carrio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 5.2º do Real decreto 442/1990, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, de avaliación de impacto ambiental exponse ó público o dito expediente polo prazo de trinta días nas oficinas municipais das 9 ás 15 horas de luns a venres e sábados das 9 ás 13 horas, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para que durante este poida ser examinado o expediente e presentar, se é o caso, as alegacións que se consideren convenientes.

Lalín, 9 de abril de 2003.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente