Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.976

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Márketing, a Carlos Antonio Ferro Soto (praza 112/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 11 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Márketing, en prol de Carlos Antonio Ferro Soto, con documento nacional de identidade número 36106160-R, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carlos Antonio Ferro Soto profesor titular de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Márketing.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 24 de marzo de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)