Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de outubro de 2002, no que se outorga a concesión definitiva, a un concello, do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia de carácter municipal.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do día 24 de outubro de 2002, relativo á concesión definitiva do servicio de radiodifusión en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, resulta necesario darlle publicidade, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de FM para a súa explotación polas corporacións locais. En consecuencia,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 24 de outubro de 2002, polo que se outorga a concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, a favor do Concello de Oleiros (A Coruña) para esa mesma localidade, coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2003.

Ignacio J. Otero López

Director xeral de Comunicación e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 24 de outubro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorga-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, a favor do Concello de Oleiros (A Coruña) para esa mesma localidade.

As características técnicas que se lle asignan son:

-Frecuencia (MHz): 101.5.

-Localidade: Oleiros.

-Provincia: A Coruña.

-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude):

08º W 18' 59'' - 43º N 20' 05''.

-Cota (m): 100.

-Denominación da emisión: 256KF8EHF.

-Potencia radiada aparente máxima: 22 W.

-Potencia máxima do equipo transmisor: 22 W.

-Potencia de saída autorizada do transmisor: 22 W.

-Sistema radiante (tipo/elementos): omnidireccional/1.

-Ganancia máxima da antena (dB): 0.

-Directividade: non directiva.

-Sectores de radiación: -

-Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 17.

-Altura do mastro sobre o chan (m): 17.

-Altura efectiva máxima (m) 117.

-Polarización da emisión: polarización mixta.

-Observacións: -.