Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se anuncia o levantamento das actas previas relativo á instalación eléctrica chamada Central Hidroeléctrica do Río Umia, no concello de Cuntis. (Expediente 264/2001 A.T.).

Expediente de expropiación forzosa e imposición da servidume de paso para a instalación eléctrica denominada Central Hidroeléctrica do Río Umia, no concello de Cuntis, do que é beneficiaria a empresa Engasa, e que mediante Resolución do 10 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas foi declarada de utilidade pública e leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados segundo o establecido no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo o disposto nos artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunicamos a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da instalación eléctrica denominada Central Hidroeléctrica do Río Umia que o día 25-4-2003, a partir das 10 horas, comezará sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados das seguintes parcelas:

Predios: 1.

Día: 25-4-2003.

Hora: 10.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lles comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que

poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 9 de abril de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expte.: IN407A 01/264.

Central hidroeléctrica no río Umia.

Concello de Cuntis.

Predio: 1.

Cultivo: monte.

Propietario: Comunidade de Montes de Sevil. Pta. Josefa Ferrín González. Sevil-Cequeril-Cuntis.

Superficie (m): 5.100.

Servidume (m): 850.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO