Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/29-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Tibiás.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: centro de transformación aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Tibiás, alimentado por acometida aérea a 20 kV de 14 m de lonxitude, derivada da L.M.T. Velle-Os Peares. Redes de baixa tensión derivadas desde C.T. e máis do C.T. aéreo existente, denominado Tibiás I-1 (expediente 2.980 A.T.).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de febreiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense