Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Reboreda, no concello do Páramo. (Expediente 032/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se citan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a C.T. de Piñeiro e remate no C.T. proxectado de Reboreda, de 1.266 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Reboreda, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Reboreda, de 380 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así

mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que se poida examina-lo proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que consideren oportunas, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 28 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 32/2001Provincia: Lugo

L.M.T., C.T. e R.B.T. en ReboredaTermo municipal: O Páramo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2AlbarPradoJulio Prado LópezAs Cruces-Piñeiro, 17

27362 O Páramo (Lugo)

100

3AlbarPradoJosé López LópezO Campo-A Torre, 63

O Páramo (Lugo)

1190900

6AlbarLabradíoJosé Valín DocaAs Cruces-Piñeiro, 21

27362 O Páramo (Lugo)

2165650

9Prado de PiñeiroMonte baixoManuel García LópezNeira, 6

27363 O Páramo (Lugo)

10120

13CepedoPradoManuel Rodríguez LópezPiñeiro, 33

27362 O Páramo (Lugo)

12120

16CorreasPradoJosé López LópezO Campo-A Torre, 63

O Páramo (Lugo)

84840

18CorreasPiñeiralCarmen López FernándezPiñeiro, 39

O Páramo (Lugo)

51681.088

19CorreasPradoCarlos Fernández LópezSan Paio, 26

O Páramo (Lugo)

6150500

20CorreasPradoJosé Vázquez AresPiñeiro, 35

27362 O Páramo (Lugo)

6128280

22Prado da VeigaPradoFrancisco López CastañoSalgueiredo-Piñeiro, 9

27362 O Páramo (Lugo)

7120200

26Prado da VeigaPradoJuan Castro LópezVilar de Penas-A Torre, 61

O Páramo (Lugo)

8170700