Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.900

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de secretario técnico da Unidade Técnica de Avaliación, convocada por Resolución do 29 de novembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 21 de xaneiro de 2003).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de secretario técnico da Unidade Técnica de Avaliación, convocada por Resolución do 29 de novembro de 2002 (DOG do 21 de xaneiro de 2003), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1. da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación e que está exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa da Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

Relación de admitidos:

DNI Apelidos/nome

33285264Iglesias Blanco, Ana Beatriz

35449165Peña Morais, Camila Luisa

76809951Taboada Iglesias, María Mar

09760503Viñayo García, Juan Carlos

De acordo co previsto na base 7.1. convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición, que dará comezo ás 17 h do día 24 de abril de 2003 na sala de reunión do Consello de Goberno da Universidade da Coruña (r/ Mestranza, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este rectorado, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir desde a mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de marzo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña