Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003 pola que se convoca un curso de actualización na Lei sobre axuizamento rápido para algúns delictos e faltas.

Dentro das actividades programadas para o ano 2003 en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a celebración dun curso de actualización na Lei sobre axuizamento rápido para algúns delictos e faltas, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo a preparación e actualización dos membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña, en relación coa reforma parcial da LAC provocada pola Lei 38/2002 e tamén pola Lei orgánica 8/2002, ámbalas dúas de 24 de outubro, sobre o procedemento para o axuizamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas e de modificación do procedemento abreviado.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación

Provincial da Coruña, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 5 de maio de 2003, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña (Servicio de Asistencia a Municipios. Fax: 981 18 33 33): avenida Alférez Provisional s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 12 ó 16 de maio de 2003.

O horario será de 16.30 a 20.30 horas.

Contido.

O curso desenvolverase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

-Os procedementos de axuizamento criminal.

-A instrucción criminal.

-Funcións procesuais da policía xudicial.

-O procedemento para o axuizamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas.

-Organización da policía xudicial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 8 de maio a partir das 14 horas, tanto pola Deputación Provincial da Coruña como pola Academia Galega de Seguridade, que os interesados poden coñecer e confirma-la súa asistencia chamando ós teléfonos

986 59 00 21 (AGS) ou 981 18 33 13 (Servicio de Asistencia a Municipios da Deputación Provincial da Coruña).

Lugar.

O curso desenvolverase no Concello da Coruña, nas aulas da Deputación Provincial do Pazo de Mariñán.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade como a Deputación Provincial da Coruña, se é o caso, poderán modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 31 de marzo de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade