Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

EDICTO.

Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Paradela, de data 3 de abril de 2003, anúnciase concurso, procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación das obras de acondicionamento e mellora de camiños municipais parroquias de Ferreiros, Barán e outras, nº 67/2003, correspondentes ó POS 2003.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do Concello de Paradela.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento e mellora de camiños municipais parroquias de Ferreiros, Barán e outros, de acordo co proxecto técnico redactado por Javier López Pita, enxeñeiro de camiños, c. e p.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente. Aberto. Concurso.

4. Orzamento base da licitación: setenta e sete mil novecentos oito euros (77.908), IVE incluído.

5. Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

Concello de Paradela.

Avda. Xeneralísimo, s/n.

Paradela-CP 27611.

Teléfono: 982 54 11 01-982 54 11 96.

Fax: 982 54 12 32-982 54 12 07.

7. Presentación de proposicións.

a) Data límite: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

b) Documentación a presentar: a sinalada na cláusula décimo cuarta do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, tendo que ser utilizado como modelo de proposición o que figura como anexo do dito prego.

Paradela, 4 de abril de 2003.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente