Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello o prego de condicións económico-administrativas e o prego de prescricións técnicas que rexerán o concurso, por procedemento aberto, do contrato de consultoría e asistencia técnica que no punto 2 se indica, expóñense ó público polo prazo dos oito días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP, para efectos de reclamacións. Simultaneamente, anúnciase o concurso para a presentación de propostas, aínda que se aprazará a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello das Neves. Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal e execución de cartografía do Concello das Neves.

Lugar de execución: As Neves.

Prazo máximo de execución: ata o 31 de decembro de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 75.942,13 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Casa do Concello das Neves. Domicilio: praza da Cristiandade, s/n, 36440 As Neves (Pontevedra). Teléfono: 986 64 80 38, fax: 986 64 80 52, e-mail: correo.asneves*fegamp.es.

Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Segundo a cláusula novena do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas.

Durante 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello das Neves, das 9 ás 13 horas, de luns a sábados.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses.

9. Apertura das ofertas.

Na Casa do Concello das Neves, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo para a presentación de ofertas (excepto sábados).

10. Gastos dos anuncios.

Por conta do adxudicatario.

As Neves, 11 de marzo de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde