Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos de subministracións (SCS-31/2002) para adquisición de equipamento de ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia (oito lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acor

da darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento de ecógrafos con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia (oito lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-31/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de ecógrafos.

c) Lote: oito lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 160, do 21 de agosto de 2002, BOE nº 211, do 3 de setembro de 2002, e DOCE S164, do 24 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: tres millóns cento vintenove mil euros, IVE incluído (3.129.000 euros, IVA incluído); desagrégase en dúas anualidades:

Ano 2002: 267.000 euros.

Ano 2003: 2.862.000 euros.

LoteDescriciónAnualidade 2002Anualidade 2003

1Ecógrafos uroloxía150.000 euros

2Ecógrafos dixestivo171.000 euros

3Ecógrafos doppler cor neonatoloxía51.000 euros

4Ecógrafos doppler cor vascular51.000 euros

5Ecógrafos xinecoloxía. Obstetricia783.000 euros

6Ecógrafos oftalmoloxía108.000 euros

7Ecógrafos cardioloxía154.800 euros

8Ecógrafos radiodiagnóstico267.000 euros

Adxudicacións:

Lote nº 1: (oferta base) ecógrafos uroloxía.

Lote nº 4: ecógrafos Dopper cor vascular.

a) Data: 30 de decembro de 2002.

b) Contratista: Toshiba Medical Systems, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 1 e 4 (O. base), douscentos un millóns de euros para o ano 2003 (201.000 euros, IVE incluído).

Lote nº 2: ecógrafos dixestivo.

a) Data: 30 de decembro de 2002.

b) Contratista: Hitachi Medical Systems, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento setenta e un mil euros, para o ano 2003 (171.000 euros, IVE incluído).

Lote nº 3: ecógrafos Doppler Cor neonatoloxía.

a) Data: 30 de decembro de 2002.

b) Contratista: Ge Medical Systems España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cincuenta e un mil euros para o ano 2003 (51.000 euros, IVE incluído).

Lote nº 5: ecógrafos xinecoloxía-obstetricia.

Lote nº 7: ecógrafos cardioloxía.

Lote nº 8: ecógrafos radiodiagnóstico.

a) Data: 30 de decembro de 2003.

b) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 5, 7 e 8 por un importe de douscentos sesenta e sete mil euros para o ano 2002 e un importe de dous mil trescentos trinta e un mil euros para o ano 2003 (importe total 2.598.000 euros, IVE incluído).

Lote nº 6: ecógrafos oftalmoloxía.

a) Data: 30 de decembro de 2002.

b) Contratista: Alcón Cusí, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento cinco mil seiscentos euros para o ano 2003. (105.600 euros, IVE incluído).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos