Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 23/2002.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: 23/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de tubos de extracción.

c) Lotes: 3.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S84, do 30 de abril; BOE nº 105, do 2 de maio e DOG nº 92, do 14 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

Importe total: 604.665 euros.

5. Adxudicación:

Lote: 1.

Data: 14-2-2003.

Empresa: deserto.

Nacionalidade:

Importe adxudicación:

Lote: 2.

Data: 14-2-2003.

Empresa: deserto.

Nacionalidade:

Importe adxudicación:

Lote: 3.

Data: 14-2-2003.

Empresa: Kerbak, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicación: 63.459.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, e que pode ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Javier Jiménez Ferreres

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela