Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 21 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do expediente 2182/2000 de reclamación de responsabilidade patrimonial.

Con data do 25 de febreiro de 2003, o conselleiro de Sanidade dictou resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Pilar Cañal Vidal con data do 29 de decembro de 2000.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Pilar Cañal Vidal o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

E, como consonte o artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución de responsabilidade patrimonial pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limítase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde a interesada poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbrolle que contra a resolución que por esta cédula se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 2182/2000.

Reclamante: Pilar Cañal Vidal.

DNI/NIF: 32379244-M.

Último enderezo coñecido: en Bóveda (Lugo), estrada Martín B. Nuevo nº 28.

Contido da notificación: resolución desestimatoria da reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por Pilar Cañal Vidal polas secuelas padecidas logo de ser intervida cirurxicamente do xeonllo esquerdo no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, edificio administrativo San Lázaro, Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.