Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de marzo de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 63, do 31 de marzo de 2003, procede face-las seguintes correccións:

Na páxina 3.953, na disposición transitoria terceira, onde di: «Os proxectos que presenten solicitude de apoio durante o prazo dun ano dende a entrada en vigor...», debe dicir: «Os proxectos que presenten solicitude de apoio ó abeiro da base 5ª durante o prazo dun ano desde a entrada en vigor...».