Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003 pola que se fai pública a anulación do concurso publicado no Diario Oficial de Galicia número 64, do 1 de abril de 2003, para a xestión do servicio público baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto a xestión, explotación e mantemento do complexo acuático de Acea de Ama, no concello de Culleredo (A Coruña).

Apreciados erros no prego de cláusulas administrativas e de condicións técnicas que rexe o concurso para o outorgamento de concesión da xestión, explotación e mantemento do complexo acuático de Acea de Ama, no concello de Culleredo (A Coruña), que foi anunciado por Resolución do 21 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 64, do 1 de abril), queda anulada a convocatoria do concurso, sen prexuízo de que, ulteriormente, se convoque novo concurso.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado