Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria do Gando Aviar do Norte de Pontevedra (Avipolo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta modificación dos estatutos da Agrupación de Defensa Sanitaria do Gando Aviar do Norte de Pontevedra (Avipolo), consistente na ampliación do ámbito territorial da agrupación.

Asinan a acta de modificación: Manuel Rozados Villar e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 21 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sanchez

Delegado provincial de Pontevedra