Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

Polo decreto da Alcaldía-Presidencia, do 18-3-2003, aprobouse a contratación por concurso e procedemento aberto para a subministración de

material de oficina para as distintas dependencias do Concello de Ferrol, así como os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o dito contrato.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Organización Interna.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: desagrégase en dous lotes: lote 1: subministración de material de oficina relacionado no anexo do prego. Lote 2: subministración de papel para impresión (fotocopiadora e impresora láser, Inkjet e Plotter).

b) Lugar de execución: Concello de Ferrol.

c) Prazo de execución: dous anos con posibilidade de prórroga anual por mutuo acordo expreso sen exceder do límite máximo de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total estimado de 28.000 euros anuais para o lote 1 e de 15.000 euros anuais para o lote 2.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Ferrol. Organización Interna.

b) Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol, 15402.

d) Teléfono: 981 33 67 00, ext. 175.

e) Telefax: 981 35 41 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de propostas (no caso de coincidir en sábado, ata as 13 horas).

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo establece o punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as propostas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, das 9 ás 14 horas de luns a venres, e os sábados das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última

publicación do anuncio de licitación (BOP e DOG). Se o último día deste prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: achegarase a documentación especificada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Concello de Ferrol.

2. Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

3. Localidade e código postal: Ferrol, 15402.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: Casa do Concello. Praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol, 15402.

d) Data e hora: comunicaráselles ós licitadores.

9. Outras informacións: o expediente de contratación poderá ser consultado na sección de Organización Interna na Casa do Concello, das 9 ás 14 horas de luns a venres, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio (BOP e DOG). Para máis información sobre as condicións ás que queda suxeito o dito contrato, poderán dirixirse á citada sección a través do teléfono 981 33 67 00, ext. 175.

10. Gastos de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a paga-lo custo da publicación dos anuncios desta contratación (BOP e DOG).

Ferrol, 18 de marzo de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde