Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUALEDRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 6-3-2003, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a adxudicación, en procedemento aberto, mediante a forma de concurso, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía do Concello de Cualedro, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de quince días naturais, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia, mediante concurso, en procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 72.000 euros.

Fianza definitiva: o 4% do orzamento do contrato de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os criterios da valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello e tamén no anuncio co texto íntegro no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas.

Información: Concello de Cualedro. Telf.: 988 42 40 04, fax: 988 42 40 26.

Cualedro, 10 de marzo de 2003.

Marina Cuquejo Taboada

Alcaldesa