Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 17 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU 301/2002 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro do 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente

no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a esta resolución adquira firmeza (a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente; nº/ano: OU 301/02 IN.

Denunciado: José Antonio Seguin Santana.

DNI: 76707587.

Último enderezo coñecido: Piñeira de Arcos, 32692 Sandiás.

Feito denunciado: abandono de vehículo OU-2455-N.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente; nº/ano: OU 357/02 IN.

Denunciada: Marina Pereira Pirés.

DNI: 46643075.

Último enderezo coñecido: Sta. Cruz de Rabeda, nº 19, 32911 San Cibrao das Viñas.

Feito denunciado: abandono de vehículo PO-3584-U.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente; nº/ano: OU 445/02 IN.

Denunciada: Carmen Fernández Martínez.

DNI: 09802715.

Último enderezo coñecido: avda. de Madrid, nº 1, Virgen del Camino, 24198 Valverde de Vir.

Feito denunciado: abandono de vehículo LE-9859-I.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e IF.

Sanción: 300,51 euros.