Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 20 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 300/2002 IN e doce máis, devoltos polo servicio de correos.

Advertido erro no devandito edicto, publicado no DOG nº 19, do 29 de xaneiro de 2003, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.076, columna da dereita, parágrafo 1, liña 3 onde di: «Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001», debe dicir: «Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002».

Na páxina 1.076, último parágrafo, no anexo, na columna que di precepto infrinxido e sancionador, onde di: «Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN», debe dicir: «Resolución do 24-1-2002, da DXM e IF».