Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 10 de marzo de 2003 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE número 254), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG número 228) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos

no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Manuel González Domínguez, cunha superficie de 527,25 metros cadrados.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca, e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos se contarán desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

Parcela

NomeSuperficie

m

13Ramón Longa Dios496

31José Junquera Doval539

53Jesús y Carlos Berride Teijeiro456

73Esclavitud Ferreiros García323

79María del Carmen Veloso Berride66

95Joaquina Baltar Teijeiro51

115Benito Veloso Martínez45

122José Abelenda Baltar267

166Jesús Berride Teijeiro167

170José Abelenda Baltar167

251María Asunción Abelenda Ares349

263José Luis Eiras Barreiro142

264José Luis Eiras Barreiro278

334María Asunción Abelenda Ares72

377María Moldes García38

427José L. Otero Rodríguez117

479Elvira García Ramos66

480María Josefa Ares Ramos597

481Rosa Rodríguez Chaves200

502María Moldes García104

531Antonio Franco Boullosa100

536María Moldes García485

538Rosa Rodríguez Chaves608

548Antonia Seoane García56

549Constantino Silva Ramos30

550Antonio Franco Boullosa93

631Guillermo Seoane García1.048

650María del Carmen Veloso Berride110

652Manuel Abad Argibay605

697Luis González Alonso224

792Mercedes Vicente Mayán982

871Manuel González Domínguez599

2. Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG 228), pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a favor de Manuel González Domínguez, cunha superficie de 527,25 metros cadrados.

Parcela

NomeSuperficie

m

Exp. 5527Manuel González Domínguez527,25