Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.693

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (150/2000).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria acctal. do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, dou fe de que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 150/2000 se segue xuízo de menor contía no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia. En Noia o vintecatro de setembro de dous mil dous.

Vistos por Pura Caaveiro Ameneiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido estes autos de xuízo de menor contía, seguidos perante este xulgado co nº 150/2000 por instancia de José Maroñas Tubío, representado pola procuradora sra. González Cerviño e defendido polo letrado Manuel Iglesias Nimo, contra Manuel Maroñas Tubío, representado polo procurador sr. Gómez Castro e defendido polo letrado Evaristo Nogueira Romero, María Pilar González Maroñas e José Ramiro Bargo Maroñas, representados ambos pola procuradora sra. Maneiro Ces e defendidos polo letrado Manuel Blanco-Ons Fernández e contra Eugenio Maroñas Tubío, María Maroñas Tubío e María Isabel Bargo Maroñas, estes últimos en situación procesual de rebeldía e concorrendo os seguintes,

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que desestimando integramente a demanda formulada por José Maroñas Tubío, representado pola procuradora sra. González Cerviño e defendido polo letrado Manuel Iglesias Nimo, contra Manuel Maroñas Tubío, representado polo procurador sr. Gómez Castro e defendido polo letrado Evaristo Nogueira Romero, María Pilar González Maroñas e José Ramiro Bargo Maroñas, representados ambos pola procuradora sra. Maneiro Ces e defendidos polo letrado Manuel Blanco-Ons Fernández, e contra Eugenio Maroñas Tubío, María Maroñas Tubío e María Isabel Bargo Maroñas, estes últimos en situación procesual de rebeldía debo aprobar e aprobo as operacións divisorias realizadas no caderno particional confeccionado polo contador-partidor dirimente Evaristo Nogueira Romero en data 8-9-2000, con expresa imposición das custas á parte demandante.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, mando e asino».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste e sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes en paradoiro descoñecido, Eugenio Maroñas Tubío e María Maroñas Tubío, expido, asino e selo o presente edicto en Noia o vintecatro de setembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA