Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.660

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, estableceuse a estructura orgánica da Xunta de Galicia, fixándose despois polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, a estructura orgánica dos seus departamentos. No artigo 13 da devandita norma estableceuse a estructura orgánica básica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, sendo necesario o desenvolvemento dela ata o nivel de xefatura de servicio, distribuíndo as funcións asignadas de xeito que permita a máxima eficacia no servicio destas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, con informe favorable das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española, o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servicios sociais, sen prexuízo das competencias expresamente atribuídas a outras consellerías, políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais, seguridade e saúde laboral e cooperativas, sen prexuízo tamén das competencias doutras consellerías nesta materia.

Artigo 2º

A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o cumprimento das súas funcións contará, coa seguinte estructura orgánica:

I. O/A conselleiro/a.

II. Secretaría Xeral.

III. Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

IV. Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

V. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

VI. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

VII. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

VIII. Delegacións provinciais.

I. O/A conselleiro/a.

Artigo 3º

O/A conselleiro/a de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é a superior autoridade da consellería e con tal carácter desempeña e exerce as atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.

II. Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un.-A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con tódalas unidades e servicios dependentes da Consellería de Asuntos

Sociais, a inspección dos servicios e dos centros e organismos dependentes ou adscritos a ela, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, a imposición de sancións por comisión de faltas graves previstas na Lei 4/1993, do 14 de abril, a coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como as funcións relativas á xestión do programa estatístico anual da consellería considerada no Plan Galego de Estatística sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, a coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos competencia desta consellería, así como as que lle atribúa a normativa en vigor e as que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do/da titular da consellería.

Dous.-A Secretaría Xeral, para o exercicio das súas competencias, estructúrase nas seguintes unidades:

1. Vicesecretaría Xeral.

Con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as funcións de prestar asistencia ó/á secretario/a xeral en cantos asuntos lle encomende, así como a súa suplencia en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

É a unidade encargada de elabora-lo borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a tramitación dos expedientes de gasto, a tramitación e xestión dos expedientes de contratación, a elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución e velar pola correcta implantación dos sistemas de información dentro da consellería.

Así mesmo, é a unidade encargada da xestión do rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais, a xestión dos expedientes de autorización de centros de servicios sociais, a xestión do procedemento de inclusión das entidades no programa do cheque asistencial, a inspección e control do funcionamento dos centros, servicios e programas, así como do protectorado das fundacións de interese galego e aquelas outras funcións que por razón da súa competencia lle sexan encomendadas polo secretario xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-A execución, a coordinación, o seguimento e o control do orzamento, así como a proposta e xestión das súas modificacións.

-A tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e propostas de pagamentos.

-A elaboración das instruccións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión económica, acorde coa normativa vixente.

-Calquera outra función relativa á xestión económica ou orzamentaria.

-A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de servicios públicos, subministracións, consultorias e asistencias ou calquera outra figura contractual análoga.

-Seguimento e control da execución de tódolos contratos.

-Convenios de colaboración con outros entes públicos en materia de investimento.

1.2. Servicio de Informática.

Corresponderanlle o exercicio das seguintes funcións:

-Planificar, impulsar e mecaniza-los sistemas de información da consellería.

-Estudio, seguimento, informe e, se é o caso, proposta sobre plans xerais de informatización.

-Coordinación, supervisión, apoio e asesoramento técnico sobre os plans de informatización.

-Xestiona-las bases de datos, redes e sistemas informáticos.

-Velar polo cumprimento da normativa sobre tratamento de datos de carácter persoal.

-Calquera outra función relativa a sistemas ou procesos informáticos da consellería.

O desenvolvemento destas funcións realizarase sen prexuízo das competencias que, en materia informática, ten atribuídas a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

1.3. Servicio de Autorización de Centros.

Correspóndenlle respecto das entidades, centros e servicios sociais do ámbito competencial da consellería as seguintes funcións:

-A tramitación dos expedientes relativos ó rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais, no ámbito competencial da consellería.

-A xestión dos expedientes de autorización, creación, modificación substancial e concesión do permiso de inicio de actividades dos centros de servicios sociais.

-A xestión dos expedientes de inclusión das entidades prestadoras de servicios sociais no programa de atención a persoas maiores dependentes a través do cheque asistencial.

-O exercicio das funcións que a consellería teña encomendadas en relación coas fundacións de interese galego, sobre as que lle corresponda exerce-lo protectorado.

1.4. Servicio de Inspección de Servicios Sociais.

Correspóndenlle, respecto das entidades, centros e servicios sociais do ámbito competencial da consellería as seguintes funcións:

-Velar polo cumprimento da normativa vixente en materia de servicios sociais e, en especial, polo respecto dos dereitos dos usuarios de servicios sociais, previstos no artigo 34 e seguintes da Lei 4/1993 e levar a cabo a tramitación das iniciativas e reclamacións dos usuarios, así como propoñe-la adopción das medidas necesarias para corrixi-las deficiencias detectadas.

-Asegura-la calidade das prestacións mediante a verificación do cumprimento das condicións funcionais e materiais dos centros, servicios e programas de servicios sociais.

-O exercicio da potestade sancionadora.

-A inspección e control do funcionamento dos centros, servicios e programas.

-Elabora-lo plan de inspección dos programas e centros de servicios sociais.

-Coordina-las funcións, en materia de inspección, coas delegacións provinciais para o desenvolvemento do plan de inspección.

-Colaborar cos órganos e entidades competentes en materia de servicios sociais dos diferentes ámbitos territoriais, mediante a elaboración de informes ou a achega de datos para mellora-la regulación, planificación e xestión dos centros sociais.

-Controla-lo cumprimento dos niveis de calidade propoñendo plans de mellora dos servicios e realizando as tarefas de supervisión e auditoría interna do grao de implantación do sistema de calidade en centros de servicios sociais públicos.

2. Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.

É a unidade encargada da coordinación dos servicios de carácter xeral, xestión de persoal da consellería, a dirección e coordinación dos asuntos de réxime interno e racionalización administrativa dos servicios de carácter xeral, organización do rexistro xeral e velar polo sistema de xestión dos procedementos administrativos e outros asuntos que lle atribúa o/a secretario/a xeral.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Persoal.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-A tramitación dos expedientes administrativos relativos ó persoal funcionario e laboral dependente da consellería, a súa custodia e arquivo.

-A xestión e tramitación da nómina.

-A elaboración e actualización da relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral da consellería.

-A tramitación dos expedientes de incompatibilidade do persoal da consellería.

2.2. Servicio de Réxime Interno.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-Coidar do correcto funcionamento do rexistro xeral da consellería e do seu arquivo-Control da asistencia e puntualidade.

-A tramitación das reclamacións e recursos en materia de persoal e a tramitación de expedientes disciplinarios.

-Leva-lo inventario de bens mobles e inmobles adscritos á consellería, sen prexuízo das competencias da Consellería de Economía e Facenda.

-Gestiona-los asuntos xerais, tales como réxime interior, control do material de oficina, vehículos adscritos á consellería, mantemento de instalacións e outros análogos.

2.3. Servicio de Estudios e Publicacións.

Corresponderanlle as seguintes funcións:

-A organización e a xestión dos fondos documentais e bibliográficos da consellería.

-A coordinación das publicacións e as funcións relativas ó plan de publicacións da consellería.

-A información xeral e difusión das publicacións da consellería en soporte papel, telemático e audiovisual.

-A coordinación das aplicacións estatísticas da consellería.

-A elaboración de memorias, estudios e informes.

3. Servicio Técnico Xurídico.

Baixo a dependencia directa do/a secretario/a xeral, corresponderalle o exercicio das seguintes funcións:

-O estudio e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral, elaboración das compilacións e refundicións de normas emanadas da consellería.

-O estudio, preparación e tramitación dos expedientes que teñan que elevarse ó Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos.

-A tramitación dos expedientes sobre bens demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da consellería.

-O estudio, tramitación e formulación, se é o caso, de propostas de resolución de recursos ou reclamacións interpostas contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería e, en xeral, a elaboración de estudios xurídicos, informes e demais asuntos, que por razón da súa competencia lle sexan encomendados polo/a secretario/a xeral.

-A coordinación da publicación no Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos dictados polos órganos da Consellería

Tres.-Integradas organicamente na Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existen as seguintes unidades administrativas:

1. Asesoría Xurídica.

2. Intervención Delegada.

III. Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

Artigo 5º

Un.-Correspóndelle a elaboración de propostas para a formulación da política da consellería en materia de atención ós maiores e ás persoas discapacitadas. Así, realizará funcións de ordenación, coordinación, planificación e execución dos plans, equipamentos e servicios de atención especializada nas áreas de maiores e discapacidades e o asesoramento, asistencia técnica e a coordinación coas entidades prestadoras de servicios sociais nos devanditos ámbitos, así como a coordinación do funcionamento do Consello Galego das Persoas Maiores e do Consello Galego de Persoas con Discapacidade.

Así mesmo, correspóndelle formula-las propostas no seu ámbito competencial para a elaboración do Plan Galego de Equipamentos e Servicios Sociais, a creación e xestión dos equipamentos, programas e servicios que asuma a Administración autonómica, a implantación e seguimento dos plans de calidade que os afecten, a xestión de concertos, prestacións e axudas establecidas, a supervisión das actuacións das entidades destinadas á atención e promoción de maiores e persoas discapacitadas, a elaboración de propostas de normativa que afecten estes sectores que considerarán, se é o caso, a participación dos usuarios no financiamento dos servicios de conformidade cos principios de solidariedade e redistribución, así como calquera outra función relativa a materias da súa competencia ou que lle sexa atribuída pola normativa vixente no eido dos servicios sociais.

Correspóndelle a elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade contará coas seguintes unidades administrativas:

1. Subdirección Xeral de Atención a Persoas Maiores.

É a unidade á que lle corresponde a coordinación e supervisión dos servicios dependentes dela, a xestión, programación, asesoramento técnico, coordinación seguimento e control dos programas, servicios

e equipamentos de atención especializada ás persoas maiores.

Así mesmo, correspóndelle a coordinación da atención sociosanitaria no que atinxe ó ámbito das competencias da consellería.

Tamén levará a cabo a avaliación da necesidade de recursos e actuacións encamiñadas a cubri-las demandas do colectivo das persoas maiores, o fomento e promoción de actuacións e medidas favorecedoras da plena participación dos maiores na sociedade e da mellora da súa calidade de vida, a fixación dos criterios de aplicación dos baremos para seren beneficiarios dos servicios, a proposta e xestión da creación de programas e recursos, a elaboración das propostas de ordenación e avaliación dos recursos, así como a coordinación do funcionamento do Consello Galego das Persoas Maiores.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Programas para Maiores.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-A planificación, a xestión, o seguimento e o control dos servicios e programas dirixidos ó sector das persoas maiores.

-A elaboración, coordinación, seguimento e control dos programas de axudas e subvencións, así como dos convenios con entidades prestadoras de servicios sociais que atinxen ó colectivo das persoas maiores.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución dos recursos formulados contra as resolucións emanadas dos distintos órganos provinciais nas materias anteriormente mencionadas, nas que expresamente teña atribuída competencia resolutoria a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

-A planificación, control e seguimento de todas aquelas accións educativas, formativas e culturais que faciliten a promoción e integración social dos maiores, a súa participación activa e a coordinación cos centros colaboradores en materia de formación permanente de adultos.

-A elaboración de informes e estatísticas así como a proposta de actuacións e normativa no ámbito das materias que atinxen ó servicio.

1.2. Servicio de Coordinación Sociosanitaria.

Correspóndelle as seguintes funcións:

-Actuar como unidade de coordinación dos programas sociais existentes na consellería con outras áreas de actuación dependentes doutros departamentos, así como a xestión operativa dos recursos sociais susceptibles de colaboraren con outras áreas.

-A elaboración dos informes e estatísticas de resultados dos programas que estean en funcionamento así como propostas que permitan mellora-los resultados das intervencións sociais, en relación coas actuacións desenvolvidas desde outras áreas.

-A coordinación e control de xestión dos centros e servicios competencia desta consellería, así como a elaboración de propostas de xestión operativa de medios humanos e recursos.

-A elaboración, coordinación, seguimento e control dos convenios para a reserva e ocupación de prazas en centros de atención a persoas maiores.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución dos recursos formulados contra as resolucións emanadas dos distintos órganos provinciais nas materias anteriormente mencionadas, nas que expresamente teña atribuída competencia resolutoria a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

-Fixa-los criterios de avaliación socioeconómica para establece-lo diagnóstico sobre as necesidades dos maiores solicitantes de recursos sociais e definir criterios de seguimento dos beneficiarios que permitan avalia-la idoneidade do servicio ou axuda concedida e a mellora da súa calidade de vida.

1. Subdirección Xeral de Atención a Persoas con Discapacidade.

É a unidade á que lle corresponde a coordinación e supervisión dos servicios dependentes dela, a xestión, programación, asesoramento técnico, coordinación, seguimento e control dos programas, servicios e equipamentos de atención especializada na área de actuación de discapacidades.

Así mesmo, correspóndelle a elaboración de programas, proxectos e servicios orientados á integración social das persoas discapacitadas, así como á promoción da accesibilidade, á rehabilitación, tratamento e á prevención das discapacidades.

Tamén realizará a coordinación dos órganos de participación e asesoramento previstos na lexislación vixente, no seu ámbito competencial, e a elaboración e xestión de concertos, convenios, convocatorias de subvencións ou axudas e outras prestacións económicas.

Correspóndelle, ademais, a coordinación do funcionamento do Consello Galego de Persoas con Discapacidade.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Programas para Discapacitados.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-A preparación, xestión, seguimento e control dos servicios e programas de actuación dirixidos ás persoas con discapacidade e a potenciación e promoción de programas e medidas para a integración social.

-A preparación coordinación e seguimento das actuacións e axudas establecidas.

-A elaboración, coordinación, seguimento e control dos convenios de prazas coas entidades prestadoras de servicios sociais na área de actuación das persoas con discapacidade.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución dos recursos formulados contra as resolucións emanadas dos distintos órganos provinciais nas materias anteriormente mencionadas, nas que expresamente teña atribuída competencia resolutoria a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

-O estudio de necesidades do sector e a proposta de actuacións e de normativa no ámbito de competencia do servicio.

-A actualización e explotación do censo de discapacitados.

2.2. Servicio de Equipamentos e Promoción da Accesibilidade.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

-A preparación, coordinación, seguimento e control dos convenios de investimento en obras e equipamento coas entidades prestadoras de servicios sociais.

-A coordinación e seguimento da área funcional dos centros de atención a persoas con discapacidade dependentes da Administración autonómica.

-O impulso do cumprimento da normativa sobre accesibilidade e supresión de barreiras, así como a proposta de actuacións e de normativa na materia competencia do servicio.

-A promoción da divulgación, información e o estudio da accesibilidade e supresión de barreiras.

-O asesoramento a responsables institucionais, profesionais e entidades implicadas en programas de accesibilidade e supresión de barreiras.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución dos recursos formulados contra as resolucións emanadas dos distintos órganos provinciais nas materias anteriormente mencionadas, nas que expresamente teña atribuída competencia resolutoria a Dirección Xeral do Maior e de Persoas con Discapacidade.

-O apoio técnico e administrativo á Comisión Técnica de Accesibilidade e ó Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras.

IV. Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

Artigo 6º

Un.-Correspóndelle a elaboración de propostas para a formulación da política da consellería en materia de servicios comunitarios e inclusión social. Así, realizará funcións de estudio das necesidades e problemáticas sociais, coordinación, control e xestión das prestacións sociais e económicas.

Correspóndelle a xestión e coordinación do funcionamento do Consello Galego de Servicios Sociais e a planificación, ordenación, coordinación, seguimento e avaliación dos servicios sociais de atención primaria. Así mesmo, asesorará os concellos e outros entes locais na creación, organización e funcionamento destes servicios e colaborará na formación permanente do seu persoal.

Tamén realizará a planificación, coordinación, seguimento e control da execución dos programas de inclusión social, a formulación das propostas, no seu ámbito competencial, para a elaboración do Plan Galego de Equipamentos e Servicios Sociais, o asesoramento e asistencia técnica ás entidades prestadoras de servicios sociais, así como calquera outra función que lle corresponda á dirección xeral en materia da súa competencia ou que lle sexa atribuída pola normativa vixente no eido dos servicios sociais.

Correspóndelle tamén, a elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación e a elaboración de estatísticas nas materias da sua competencia.

Dous.-A Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social, para o exercicio das súas competencias, contará coa seguinte unidade administrativa:

1. Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

É a unidade á que lle corresponde a realización dos programas de inclusión social en relación coas problemáticas concretas de marxinación e exclusión social, aplicando proxectos de traballo social personalizado ou de grupos.

Así mesmo, correspóndenlle as funcións de planificación, programación, coordinación, seguimento, avaliación e control da xestión das prestacións sociais e económicas competencia da Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

Tamén lle corresponden as funcións de xestión, programación, asesoramento técnico, coordinación, seguimento e control dos programas, centros e servicios de atención primaria, a coordinación do funcionamento do Consello Galego de Servicios Sociais e a xestión e coordinación do funcionamento das mesas autonómica e provinciais de control e avaliación da renda de integración social de Galicia.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio.

1.1. Servicio de Inclusión Social.

Correspóndelle a coordinación, execución e seguimento dos plans e programas de actuación da dirección xeral, concretados no plan de inclusión social de Galicia, de equipamentos e servicios sociais e dos programas xurdidos da participación en iniciativas comunitarias dirixidas a palia-las ditas problemáticas, así como a execución dos proxectos que, se é o caso, se deriven.

1.2. Servicio de Cooperación coas Corporacións Locais.

Correspóndenlle a este servicio as seguintes funcións:

-A xestión, coordinación, seguimento, avaliación e control dos servicios sociais de atención primaria.

-A coordinación das actividades formativas relativas ó desenvolvemento e execución dos programas de atención primaria e o asesoramento e asistencia técnica ós concellos e outros entes locais en materia de atención primaria de servicios sociais.

-A xestión, coordinación, seguimento, avaliación e control dos servicios sociais de atención especializada nas áreas de actuación de competencia da consellería, dependentes das entidades locais.

-A implantación e seguimento do sistema de información dos usuarios de servicios sociais (SIUSS) e do Manual para os profesionais de traballo, información e asesoramento de servicios sociais (MATIASS).

-A preparación, xestión, seguimento e control dos programas que regulan axudas destinadas a prestación de servicios sociais polas corporacións locais, nas materias anteriormente citadas.

1.3. Servicio de Prestacións:

-A xestión das prestacións previstas na Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social.

-A xestión das prestacións económicas derivadas do Real decreto lei 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, no relativo ás prestacións non contributivas e outros réximes vixentes de carácter transitorio.

-A preparación, xestión, seguimento e control dos programas que establecen subvencións destinadas á prestación de servicios sociais no seu ámbito competencial.

-O estudio, tramitación e proposta de resolución dos recursos formulados contra as resolucións emanadas dos distintos órganos provinciais nas materias anteriormente mencionadas, nas que expresamente teña atribuída competencia resolutoria a Dirección Xeral de Servicios Comunitarios e Inclusión Social.

V. Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Artigo 7º

Un.-Correspóndelle o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de fomento do emprego nas empresas e nas entidades de economía social, así como no eido da colaboración coas administracións e institucións públicas e con entidades sen ánimo de lucro. Así mesmo, levará a cabo a programación, seguimento, control e, se é o caso, a xestión das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

Respecto dos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, sen prexuízo das competencias atribuídas á secretaría xeral, corresponderalle coordina-la súa xestión, supervisa-lo seu funcionamento, e prestarlle a asistencia técnica nece

saria para o correcto desenvolvemento das súas actividades.

Correspóndelle tamén, a elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Promoción do Emprego estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Apoio á Contratación e a Emprendedores.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, propostas e avaliación e control dos programas de fomento do emprego correspondentes á incentivación da contratación por conta allea e o apoio ó autoemprego, ó emprego en entidades de economía social e nas iniciativas empresariais no ámbito local e rural, ós programas dirixidos á integración laboral das persoas con discapacidade, así como das accións correspondentes ó seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego e a elaboración das estatísticas correspondentes, sen prexuízo das competencias atribuídas ó Instituto Galego de Estatística.

1.1. Servicio de Programación e Xestión.

A este servicio corresponderalle a xestión dos programas e accións para o fomento da contratación por conta allea, a coordinación dos labores de difusión, formación e información correspondentes ós programas, e daqueloutras actividades que se lle asignen dentro da súa área funcional, así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

1.2. Servicio de Apoio a Emprendedores.

A este servicio corresponderalle a xestión dos programas e accións de apoio a emprendedores, ó emprego en entidades de economía social e á iniciativa empresarial no ámbito local e rural, a coordinación dos labores de difusión, formación e información, asesoramento a emprendedores e empresas familiares e Pemes, e daqueloutros que se lle asignen dentro da súa área funcional, así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2. Subdirección Xeral de Escolas Obradoiro e Programas de Cooperación.

Levará a cabo as funcións de programación, coordinación, execución, seguimento, propostas e avaliación, control e, se é o caso, a xestión dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, dos de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutros programas de cooperación competencia da dirección xeral. Exercerá, así mesmo, esas funcións en relación coas accións correspondentes ó seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego.

2.1. Servicio de Xestión de Escolas Obradoiro.

A este servicio corresponderalle a xestión técnica dos programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, a elaboración de estatísticas relativas ós mesmos e a execución, control e avaliación, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2.2. Servicio de Programas de Cooperación.

A este servicio corresponderalle a xestión técnica dos programas de promoción do emprego no ámbito local e daqueloutras accións e programas de cooperación competencia da subdirección xeral; así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

2.3. Servicio de Administración e Xestión.

A este servicio corresponderalle a administración dos programas de xestión centralizada e, especialmente, dos experimentais que xurdan nos plans de emprego e que sexan da competencia da subdirección xeral; así como a elaboración de estatísticas relativas a eles e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

VI. Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 8º

Un.-Corresponderalle a esta dirección xeral o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de formación ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo, sen prexuízo das competencias atribuídas ó Instituto Galego de Estatística. Así mesmo, exercerá as funcións de execución relativas ó cumprimento das obrigas de empresarios e traballadores e, se é o caso, a potestade sancionadora nas materias relativas ó emprego e desemprego.

Desenvolverá tamén as competencias que lle correspondan a esta consellería en materia de expedición de certificados de profesionalidade ou a acreditación parcial acumulable correspondente. Así mesmo, desenvolverá e aplicará as competencias da consellería para a execución do procedemento establecido para a avaliación e acreditación das competencias da poboación activa de Galicia.

Correspóndelle a elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, a Dirección Xeral de Formación e Colocación estructúrase nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Formación Ocupacional.

Levará a cabo as funcións de planificación, programación, seguimento e avaliación das accións de formación ocupacional, o mantemento do censo de

centros colaboradores e a xestión administrativa dos programas de formación ocupacional, así como o seguimento da inserción laboral resultante delas.

Para o desenvolvemento das ditas funcións, contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

1.1. Servicio de Planificación de Formación Ocupacional.

A este servicio corresponderalle a xestión técnica da planificación, programación, avaliación e seguimento das accións de formación ocupacional, así como da inserción laboral resultante delas.

1.2. Servicio de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional.

Corresponderalle a este servicio a xestión administrativa dos programas de formación ocupacional, execución orzamentaria, seguimento contable e xustificación, así como a elaboración das diferentes estatísticas de formación ocupacional.

2. Subdirección Xeral de Colocación.

Asumirá as funcións de intermediación no mercado de traballo, e en concreto, as relativas a inserción e rexistro dos demandantes de emprego e das ofertas de traballo, rexistro de contratos, autorización de axencias de colocación e Rede Eures (European Employment Services).

Así mesmo, corresponderalle a xestión dos programas de orientación laboral e os de apoio e asistencia na busca de emprego.

A Subdirección Xeral de Colocación estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Xestión e Coordinación.

A este servicio corresponderalle a coordinación da actividade e o soporte técnico da rede de intermediación no mercado de traballo, o seguimento dos convenios establecidos cos centros asociados, o control de calidade da actividade de inserción que desenvolverán, e a avaliación da calidade das infraestructuras esixidas para a súa inclusión na rede de intermediación e atribución de funcionalidades ós ditos centros de acordo coa tipoloxía establecida.

2.2. Servicio de Administración Informática.

No ámbito das materias competencia da dirección xeral corresponderalle a administración dos sistemas de información, a supervisión dos soportes técnicos e mantemento das aplicacións, elaboración das estatísticas e informes de resultados da xestión, sen prexuízo das competencias atribuídas á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e ó Instituto Galego de Estatística.

2.3. Servicio de Orientación Laboral.

A este servicio corresponderalle a xestión dos programas de axuda á busca de emprego, de mellora de emprego ou de reciclaxe profesional, así como os relativos ó asesoramento e orientación profesional

e laboral, análise e información do mercado de traballo, a súa evolución e a adecuación entre a oferta formativa e a demanda laboral.

3. Subdirección Xeral das Cualificacións.

Desenvolverá as funcións necesarias para garanti-la implantación efectiva do Sistema Nacional de Cualificacións en Galicia, asi como dos procesos de estudio das cualificacións, tanto para a súa determinación como para o seu seguimento, establecendo os sistemas de interrelación e cooperación cos organismos, departamentos e axentes sociais implicados no mundo productivo e formativo. Coordinación dos distintos departamentos competentes en materia de formación profesional, co fin de promove-la integración efectiva dos tres subsistemas e entre estes e o mundo sociolaboral que lle serve de marco de referencia.

Dándolle cumprimento ó Plan Galego de Formación Profesional, elaborará cantos estudios, informes e plans de actividades lle sexan requiridos polo Consello Galego de Formación Profesional.

Así mesmo, asumirá as funcións recollidas no Decreto 93/1999, do 8 de abril, polo que se crea o Instituto Galego das Cualificacións.

A Subdirección Xeral das Cualificacións estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

3.1. Servicio de Observatorio Ocupacional.

A este servicio corresponderanlle as seguintes funcións: a análise permanente das necesidades de cualificación dos distintos colectivos de xeito que sirva de marco de referencia para a elaboración e articulación das ofertas normativas dos tres subsistemas de formación profesional e para a súa actualización permanente. Realizará o seguimento da evolución das cualificacións a través do Observatorio Ocupacional, que ten encomendadas as funcións de recoller, analizar e proporcionar información sobre as estructuras ocupacionais e a súa evolución para adapta-las cualificacións profesionais ás necesidades do mercado de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.2. Servicio de Deseño e Acreditación das Cualificacións.

A este servicio corresponderalle a participación na confección do Repertorio Nacional das Cualificacións, así como na súa actualización permanente, elaborando propostas para o catálogo de cualificacións profesionais de acordo cos resultados dos estudios realizados no tecido empresarial galego e participará na determinación de criterios para defini-los requisitos e as características que deben reuni-las cualificacións profesionais para seren incorporadas ó Sistema Nacional das Cualificacións Profesionais.

Regulará os métodos básicos que deben observarse na avaliación da competencia e o procedemento para a concesión de acreditacións polo organismo competente e determinará correspondencias e valida

cións dentro dos principios, bases e directrices fixados polo Instituto Nacional de Cualificacións.

Proporá métodos e instrumentos de acreditación da cualificación.

Realizará as tarefas necesarias para o establecemento dun marco de referencia da programación xeral de tódolos subsistemas de formación e apoiará a tarefa normativa e de regulamentación realizada polos órganos competentes da Comunidade Autónoma.

VII. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Artigo 9º

Un.-Correspóndelle á Dirección Xeral de Relacións Laborais a dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, seguridade e saúde laboral no traballo, cooperativas e empresas de economía social, sen prexuízo das funcións relativas á promoción de emprego en entidades de economía social e das competencias atribuídas a outras consellerías en materia de cooperativas.

Así mesmo, atribúeselle á directora xeral de Relacións Laborais, no ámbito das competencias da dirección xeral, o coñecemento e a resolución dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións dictadas polos delegados provinciais no seu respectivo ámbito territorial.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións, estructurarase nas unidades que a continuación se relacionan e que terán atribuídas as seguintes funcións:

1. Subdirección Xeral de Traballo.

Correspóndelle:

-A promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, así como a modulación das relacións cos axentes sociais.

-A elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como a súa xestión, seguimento e avaliación, e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Para o desenvolvemento das súas funcións, contará coas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Relacións Laborais.

Correspóndelle:

-A instrucción, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de regulación de emprego, e daqueloutros sobre relacións individuais ou colectivas atribuídas á Administración laboral.

-A xestión e tramitación das axudas equivalentes a xubilacións anticipadas e outras análogas a traballadores en empresas en crise non suxeitas a plans de reconversión.

-A tramitación e proposta de resolución dos expedientes sancionadores por infraccións laborais da competencia da dirección xeral.

-O depósito, rexistro e publicación de convenios colectivos, adhesión e instrucción dos procedementos de extensión de convenios colectivos

-Depósito de estatutos dos sindicatos e das asociacións empresariais e a expedición de certificación de documentación en depósito.

-Execución e coordinación das funcións que lle corresponden á autoridade laboral en materia de eleccións sindicais.

-A recepción, seguimento e coordinación das declaracións de folgas e peches patronais.

-A xestión e instrucción dos procedementos e o desenvolvemento das funcións de mediación, arbitraxe e conciliación.

-A autorización administrativa e o rexistro das empresas de traballo temporal.

-A xestión das subvencións a centrais sindicais.

-Elaboración de estatísticas de relacións laborais.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

2. Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral.

Á Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral correspóndelle a promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de prevención de riscos laborais, así como o establecemento de vías de colaboración e cooperación técnica e institucional con organismos e institucións con competencias na materia, sen prexuízo das competencias que a lexislación vixente lle atribúe á Consellería de Innovación, Industria e Comercio no referente a traballos en minas, canteiras e túneles que esixan a aplicación da técnica mineira.

Así mesmo, correspóndelle a coordinación das actuacións dos centros provinciais de seguridade e saúde laboral, de acordo coas políticas establecidas para a prevención de riscos laborais.

Tamén lle corresponde a elaboración do estudio do anteproxecto do orzamento correspondente ó seu programa de gasto, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará cos seguintes servicios:

2.1.- Servicio de Seguridade e Saúde Laboral.

A esta unidade corresponderalle:

-A tramitación, inscrición e seguimento das autorizacións a entidades formativas, para impartir cursos de niveis intermedio e superior de prevención de riscos laborais.

-A tramitación, inscrición e seguimento das autorizacións dos servicios de prevención alleos e auditorias de prevención

-Elaboración de estatísticas sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

-Xestión e seguimento de programas comunitarios en materia de prevención de riscos laborais.

-Execución do orzamento de gasto asignado ó programa de seguridade e saúde laboral.

-O exercicio das actividades da Secretaría do Consello Galego de Seguridade e Hixiene no Traballo.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

3. Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social.

Á Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social correspóndelle a promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de cooperativas e outras empresas de economía social, así como as relacións coas súas entidades representativas, sen prexuízo das competencias doutras consellerías en materia de cooperativas.

Correspóndelle, ademais, a elaboración do estudio do anteproxecto de orzamento anual correspondente ó seu programa de gasto, a súa xestión, seguimento e avaliación, así como a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades:

3.1. Servicio de Cooperativas e Economía Social,

Ó que lle corresponderá:

-A cualificación, inscrición e certificación dos actos que deben acceder ó rexistro xurídico de cooperativas central, e os depósitos relativos ás asociacións de cooperativas.

-A tramitación de expedientes sancionadores por infracción da normativa cooperativa, así como de procedementos de adopción de medidas de intervención temporal e de descualificación de cooperativas.

-A cualificación e inscrición no rexistro administrativo de sociedades laborais e expedición de certificacións.

- A cualificación e inscrición no rexistro administrativo de centros especiais de emprego e expedición de certificacións.

-Información e asesoramento en materia de cooperativa e de empresas de economía social, así como o impulso das relacións inter cooperativas

-A coordinación dos rexistros provinciais de cooperativas.

-Planificación, xestión e control das axudas a cooperativas, sociedades laborais e as súas asociacións.

-Execución dos programas de promoción e divulgación do cooperativismo e doutras formas de economía social.

-Elaboración de estatísticas, realización e coordinación de estudios sobre cooperativas e empresas de economía social.

-O desenvolvemento e a xestión daqueloutras funcións atribuídas á autoridade laboral na normativa de cooperativas e sociedades laborais.

-Todos aqueles asuntos ou materias que pola súa natureza análoga lle sexan encomendados.

VIII. Delegacións provinciais.

Artigo 10º

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais organízase en catro delegacións provinciais, que desenvolven as súas funcións no ámbito territorial correspondente a cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Á fronte de cada delegación provincial existirá un delegado/a do que dependerán tódolos servicios, unidades ou centros da consellería que radiquen no ámbito territorial da súa competencia. Os delegados dependerán orgánica e funcionalmente do conselleiro, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar do secretario xeral e dos directores xerais da consellería.

Nos seus respectivos ámbitos territoriais, correspóndelles ós delegados provinciais o exercicio das competencias establecidas polo Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e a demais normativa vixente.

3. As delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais estarán integradas polas seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de servicio:

3.1. A secretaría da delegación.

Baixo a autoridade e supervisión do delegado, corresponderanlle as seguintes funcións:

-A elaboración do estudio do anteproxecto de orzamento anual correspondente ó programa de gasto da delegación e dos centros dela dependentes.

- Control contable, xestión e xustificación dos créditos que se lle asignen ou desconcentren.

-A coordinación administrativa do funcionamento dos servicios dependentes da delegación provincial.

-A xestión do persoal que preste servicios na delegación.

-As cuestións de réxime interior, información e atención ó cidadán, rexistro xeral, publicacións, tramitación administrativa, arquivo e inventario.

-A execución de actuacións de inspección da organización e funcionamento dos servicios administrativos da delegación.

-A supervisión e coordinación dos plans sociais implantados, dentro do ámbito competencial da respectiva delegación provincial.

-A xestión do procedemento de recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez.

- Prestarlle asesoramento e asistencia técnica e administrativa ó delegado/a e substituílo en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.

-Calquera outro asunto que non sexa de competencia específica dos demais servicios da delegación.

3.2. Servicio de Xestión Económica.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

-A coordinación e supervisión da xestión económica dos servicios da delegación e dos centros dependentes dela.

-A administración, control e xustificación dos créditos asignados á delegación.

-A habilitación dos medios materiais.

-A tramitación dos expedientes de contratación.

3.3. Servicio de Axudas e Programas de Servicios Sociais.

Terá ó seu cargo as funcións inherentes:

-Á xestión, tramitación, seguimento e control das axudas e programas dirixidos ós servicios sociais de atención primaria e especializada nas áreas de competencia da consellería.

-A xestión, tramitación e proposta de resolución das axudas destinadas á prestación de servicios sociais polas entidades de iniciativa social do respectivo ámbito territorial.

-As funcións de inspección que expresamente lle sexan atribuídas e a coordinación, seguimento e control da xestión dos equipamentos de titularidade autonómica incluídos no seu ámbito provincial.

3.4. Servicio de Prestacións.

Terá ó seu cargo as funcións inherentes á xestión, tramitación e resolución administrativa das pensións non contributivas de invalidez e xubilación e das prestacións derivadas da Lei galega 9/1991, de medidas básicas para a inserción social, así como as demais prestacións económicas e sociais previstas noutros réximes transitorios.

Correspóndelle, así mesmo, a execución e control, a nivel provincial, dos plans de actuación en materia de inclusión social.

3.5. Servicio de Promoción do Emprego.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Promoción do Emprego no respectivo ámbito provincial.

3.6. Servicio de Formación e Colocación.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Formación e Colocación no respectivo ámbito provincial.

3.7. Servicio de Relacións Laborais.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais no respectivo ámbito provincial, en materia de relacións laborais, cooperativas e economía social.

3.8. Servicio de Área de Seguridade e Saúde Laboral.

Desenvolverá as funcións propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais no respectivo ámbito provincial en materia de seguridade e saúde laboral

Artigo 11º.-Órganos colexiados.

Están adscritos á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, coa composición e funcións que sinalan as súas normas de creación, os seguintes órganos:

1. Comité Autonómico de Emprego e os Comités Provinciais de Emprego e Seguimento de Contratación Laboral.

2. O Consello Galego de Servicios Sociais e os Consellos Provinciais de Servicios Sociais.

3. O Consello Galego das Persoas Maiores.

4. Consello Galego de Persoas con Discapacidade.

5. As mesas autonómica e provinciais de control e avaliación da renda de integración social de Galicia.

6. O Consello Galego para a Promoción da Accesibilidade e a Supresión de Barreiras.

7. A Comisión Técnica de Accesibilidade.

8. O Consello Galego de Seguridade e Hixiene no Traballo.

9. O Consello Galego de Cooperativas.

Disposicións adicionais

Primeira.-A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, órgano institucional de diálogo entre os sindicatos e as asociacións empresariais, e órgano consultivo asesor da Comunidade Autónoma nas materias relativas á política laboral.

Baixo a dependencia do presidente, quen terá para tódolos efectos categoría de director xeral, o Conselllo estructúrase en:

1. Secretaría do Consello.

Correspóndenlle á secretaría as funcións atribuídas no artigo 16 da Lei reguladora do Consello 7/1988, do 12 de xullo.

Para o desempeño destas funcións e demais atribuídas ó Consello, contará coa seguinte unidade administrativa con rango de servicio:

1.1. Servicio Xurídico e de Solución de Conflictos, ó que lle corresponden as seguintes funcións:

-Coordinación da elaboración dos dictames sobre proxectos normativos que sexan remitidos ó Consello e dos estudios necesarios para a súa realización.

-Coordinación dos informes e estudios que sexan requiridos polo Pleno ou Comisión Permanente ou elaborados por propia iniciativa do Consello.

-Asesoramento en materia laboral dentro do marco do Consello.

-Coordinación xurídica e administrativa do Servicio de Solución de Conflictos (órgano xestor do Acordo Interprofesional Galego sobre Solución Extraxudicial de Conflictos Colectivos de Traballo-AGA-DOG do 8 de abril de 1992 e 4 de maio de 1995 que, entre outras, implica:

-Relación e comunicación cos mediadores - conciliadores e árbitros do AGA.

-Responsabilidade en canto á correcta tramitación administrativa dos distintos procedementos previstos no AGA.

-Realización das oportunas xestións en canto á facilitación dos medios materiais e persoais que sexan necesarios para xestiona-lo conflicto.

-Desprazamento ó lugar do conflicto para a realización das xestións administrativas esixidas polos distintos procedementos.

-Mantemento do sistema informático de AGA e dos seus resultados estatísticos, así como o mantemento e custodia do arquivo das distintas actuacións.

-Relación e comunicación coas organizacións asistentes do acordo e cos membros da súa comisión paritaria.

Segunda.-O representante da extinta Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a que fai referencia o artigo 4 do Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, de organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, entenderase que é o representante da consellería que teña atribuídas as competencias en materia de políticas activas de emprego.

Disposición transitoria

Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto, se modifique a denominación ou o contido das distintas unidades administrativas existentes con anterioridade ou se suprima algunha das devanditas unidades, autorízase a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos, con carácter temporal, a postos de inferior nivel, se se tratase de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os devanditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente

establecida, sen que, en ningún caso, a readscrición ou adscrición supoña cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4º da Lei da función pública de Galicia e na Lei 9/1997, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A estructura orgánica establecida no presente decreto non suporá incremento de gasto.

Segunda.-Facúltase a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais