Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.651

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

SERVICIO de mensaxería, almacenamento e distribución de material.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en contratar un servicio de mensaxería, almacenamento e distribución de material con destino as súas distintas unidades xestionadas no Hospital do Meixoeiro, Hospital Xeral Cíes de Vigo, Hospital Santa María Nai de Ourense e oficinas centrais do instituto e Santiago de Compostela.

Nº expediente: AT/001/03.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa, 5A-6º B, Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Tfno. 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas (http://www.sergas.es).

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse a partir das 11 horas do décimo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O anuncio do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.