Anuncio de contratación, por concurso de procedemento aberto, para a contratación das obras de acondicionamento do acceso ó núcleo da Risca, no Porriño.
Obxecto: acondicionamento do acceso ó núcleo da Risca, no Porriño.
Importe: 110.428,26 euros.
Prazo de execución: 3 meses.
Obtención de documentos e información.
a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).
b) Teléfono: 986 33 13 01; fax 986 33 58 50.
c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior á finalización do prazo de presentación de proposicións.
Presentación das ofertas: prazo 26 días naturais contados desde o seguinte á data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.
O Porriño, 18 de marzo de 2003.
José Manuel Barros González
Alcalde