Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

O día 31 de marzo de 2003 aprobouse definitivamente o expediente para a adquisición, mediante expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, da parcela denominada parte de debaixo da estrada, situada na estrada que vai de Ponteceso a Corme, parroquia de Cospindo.

Polo presente, fago público que o día 22 de abril de 2003, ás 11 horas, se procederá ó levantamento de acta previa á ocupación.

Ponteceso, 31 de marzo de 2003.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde