Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do soar situado entre a avenida de Galicia e a travesía de Portela.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle do soar situado entre a avenida de Galicia e a travesía de Portela, promovido por Hermanos García Gelpi y otro, S.C. e redactado polo arquitecto José R. Fernández Pascual, con data de febreiro de 2003. Os edificios que se desenvolvan ó abeiro deste estudio de detalle deberán adapta-la configuración e o uso dos espacios baixo cuberta á modificación puntual ó PXOM para a nova redacción do artigo 84, relativo a espacios baixo cuberta, aprobada polo Pleno do Concello en sesión do día 6 de agosto de 2002.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase este anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Mugardos, 1 de abril de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde