Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto-plurianual-, para a subministración de material ortoprotésico e de axudas técnicas para a Unidade de Lesionados Medulares. (Ref. C. 31/2003).

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. Planta semisoto do Hotel de Doentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións sucesivas-plurianual.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): CNPA 33101739 e 33101890.

Subministración de material ortoprotésico e de axudas técnicas para a Unidade de Lesionados Medulares-C. 31/2003.

Orzamento total: 1.344.090,49 A.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 8 lotes.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, (planta semisoto do edificio do Hotel de Doentes, anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 2 de maio de 2003.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 9 de maio de 2003.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, planta baixa do Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego o castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir a apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xestión do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. planta baixa do Hotel de Doentes (anexo ó Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte. 20 de maio de 2003.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de licitación de cada lote. Definitiva do 4% do importe base de licitación do lote os lotes adxudicados.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, de acordo coas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas e facturadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 28-11-2002.

17. Data de envío do anuncio: 3 de abril de 2003.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 26 de marzo de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña