Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Galicia (Aceag).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 26 de febreiro de 2003, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Francisco Javier Pérez Bello, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicte o acordo acadado na xunta

xeral extraordinaria, na reunión que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2003, e que consiste na modificación do artigo 2 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais