Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 17 de febreiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cotolongo e Chanderrendeiros, a favor dos veciños de Coucieiro, no concello de Padrenda (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o 29 de novembro de 2000, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación Cotolongo, integrado por tres parcelas, e Chanderrendeiros, e coas características que de seguido se relacionan, e dos membros do xurado designáronse instructores do expediente Manuel Bouzas Blanco e Miriam Areal López, que non concorren en ningunha das causas

de incompatibilidade establecida no regulamento e os cales aceptaron os cargos anteditos na mesma sesión.

O xurado tivo en conta os escritos que os veciños promotores da clasificación presentan para a corrección da súa solicitude especificando que o monte Cotolongo consta de tres parcelas e nas que a medición topográfica e estremas tamén é distinta; que o monte de Chanderrendeiros mántense igual; e que en canto ó monte Porrovelle indican a súa renuncia a favor deles da clasificación.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Padrenda (Ourense).

Denominación do monte integrado por 3 montes independentes Cotolongo: integrado polas parcelas I e II e III; e Chanderrendeiros.

Comunidade propietaria: lugar de Coucieiro.

Superficie total: 3, 77 ha, aproximadamente.

Monte denominado: monte Cotolongo integrado polas parcelas Cotolongo I e Cotolongo II, e Cotolongo III:

Superficie total: 3, 26 ha, aproximadamente.

Cotolongo I:

Superficie 1,60 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: monte Bandexa, propiedade da comunidade veciñal de Padrenda.

Sur: Manuel Rodríguez Álvarez (predio nº 324).

Leste: Carmen Vázquez Rivera (predio nº 325), Manuel Estévez Pérez (predio nº 327 e 337), Juan Gómez Fernández (predio nº 328), Carmen Álvarez Estévez (predio nº 329), Manuel Vázquez Gómez (predio nº 338), herdeiros de Manuel Rodríguez González (predio nº 340), e Eloy Otero Gutiérrez (predio nº 363).

Oeste: estrada de Frieira a Bande.

Cotolongo II:

Superficie: 1 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: monte Bandexa propiedade da comunidade veciñal de Padrenda.

Sur: estrada que une a estrada de Frieira a Bande co lugar de Coucieiro.

Leste: estrada de Frieira a Bande.

Oeste: Marcial Fernández Valeije (predio nº 517), María González Domínguez (predio nº 516), Eduardo Rodríguez González (predio nº 515), Antonio Domínguez Rodríguez (predio nº 514).

Cotolongo III:

Superficie: 0,66 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: estrada que une a estrada de Fieira a Bande co lugar de Coucieiro.

Sur: Carmen Vázquez Rivera (predio nº 497).

Leste: estrada que une a estrada de Frieira a Bande co lugar de Couceiro.

Oeste: Rosa Rodríguez Rodríguez (predio nº 167), Eduardo Rodríguez González (predio nº 496).

Monte denominado: monte Chanderrendeiros:

Superficie: 0,51 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño vecinal.

Sur: Ramiro Otero Vázquez (predio nº 197) e camiño veciñal.

Leste: José Vázquez Meleiro (predio nº 190), José Vázquez Álvarez (predio nº 101), Carmen Vázquez Rivera (predio nº 187), Adolfo Otero Domínguez (predio nº 186), Marcial Fernández Valeije (predio nº 172), Carmen Carpintero (predio nº 159).

Oeste: camiño vecinal.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 17 de febreiro de 2003.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense