Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/324-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación e reforma subestación Cangas.

Situación: Concello de Cangas.

Descricións técnicas: ampliación subestación cunha nova posición de liña 66 kV e substitución dos dous transformadores actuais por outros dous marca Oasa, de 25 MVA cada un. A instalación está situada no Concello de Cangas.

Realizada a información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Con data do 23-10-2002, a asociación de veciños Nós, de San Pedro de Cima de Vila, presenta alegacións baseadas en que a localización da subestación infrinxe as NSPM de Cangas, pois unha actividade clasificada como molesta, insalubre, nociva e perigosa, e que o futuro PXOU debe preve-lo seu traslado.

O 27-11-2002 amplíase esta alegación incidindo sobre o efecto dos campos electromagnéticos. Trasladada a Unión Fenosa, esta manifesta a necesidade da obra; respecto á seguridade e calidade da subministración eléctrica. afirma que as instalacións aparecen nas NSPM e que non se encontran incluídas na RAMINP, que só menciona as de producción, e que o artigo 5.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico, obriga a que os PXOU prevexan este tipo de instalacións e reserven espacios para elas.

Ás ditas manifestacións, a asociación de veciños Nós reafírmase nas súas anteriores, indicando que a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, en concreto, o artigo 28, prohíbe este uso.

Considerando que non se demostrou que os campos electromagnéticos con frecuencia industrial sexan daniños para a saúde, e que o órgano competente para establece-los usos do solo, de acordo coa regulamentación vixente, é o Concello de Cangas. Que este foi informado en comunicacións do 12-9-2002 e 14-10-2002, enviándose unha separata do proxecto, e dado que non houbo contestación, de acordo co R.D. 1955/2000 que desenvolve a Lei 54/1997, do sector eléctrico, artigo 131.2º.b), deben considerarse aprobadas as especificacións técnicas propostas polo peticionario da instalación no proxecto de execución.

Cumprido-los trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do R.D. 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución.

A efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra