Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 01/11-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de ins

talacións de enerxía eléctrica, Decreto 302/2000, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 235) e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (DOG nº 75), sométese a información pública a petición de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Ambientales Easa, S.A.

Domicilio social: r/ J.L. Bugallal Marchesi 20, 1º esq., 15008 A Coruña.

Denominación: Parque Eólico Serra de Outes.

Municipios afectados: Mazaricos.

Potencia que se vai instalar: 33,6 MW.

Características técnicas:

-21 aeroxeradores ECOTECNIA 1.600 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 70 m de altura e rotores de 3 pas de 74 m de diámetro.

-21 transformadores, situados no interior dos fustes de 2.000 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor R.H.V. 12/20 kV 1x400 mm 1x240 mm e 1x150 mm para interconexión dos aeroxeradores a estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 50/60 MVA e relación de transformación 20/66 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 100 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa que figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15701 A Coruña, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación ou notificación individual.

Así mesmo, o proxecto sectorial poderase examinar no Concello de Mazaricos e nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 31 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña